venres, 14 de xuño de 2024

PROXECTO RÍOS 2023/24: OS COLEXÍOS ADSCRITOS AO ASOREY SÚMANSE AO PROXECTO RÍOS

 


Os Colexios de Primaria de San Tomé, Vilariño e Castrelo, adscritos ó IES Francisco Asorey veñen de sumarse ó Proxecto Ríos que organiza este centro desde o ano 2013. Como en anos anteriores na visita do alumnado de 6º de Primaria dos colexios adscritos ó noso centro para coñecelo xa que será o seu instituto o próximo curso, veñen de participar nunha das actividades que o Departamento de Bioloxía e Xeoloxía realiza dentro do Programa (Naturézate) de estudio físico-químico e biolóxico do Río Pequeno, na Parroquia de Oubiña.

Guiados polo alumnado de 4º ESO que actuaron como monitores, realizaron no laboratorio o estudo dos macroinvertebrados acuáticos máis comúns no Río Pequeno, afluente do Río Umia. Do mesmo xeito se lles ensinou o protocolo de medición dos principais parámetros físico-químicos que se realizan nas visitas de control ó Río Pequeno (nitratos, osíxeno, temperatura e pH).



Ningún comentario:

Publicar un comentario