Outro ano máis o alumnado do noso centro participou dentro do Plan Proxecta no seu programa Naturézate. A actividade deste curso 2024/25, realizada polo alumnado de 1º, 2º e 3º ESO na semana do 11F para conmemorar o Día Internacional da Nena e a Muller na Ciencia, consistía nun escape room relacionado cun “Paseo das Estrelas de Científicas Galegas” que estaba nos corredores da planta baixa do centro.
Cada grupo tiña
que resolver catro retos asociados a catro científicas do Paseo das Estrelas.
Con cada reto resolto, acadaban unha letra que tiñan que ir pegando nun panel
para completar unha frase da leonesa Sara García Alonso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario