luns, 24 de xuño de 2024

PROXECTO NATURÉZATE 2023/24: O ASOREY REMATA O CURSO NAS ILLAS ATLÁNTICAS

 


Por segundo ano consecutivo o alumnado de secundaria do IES Francisco Asorey rematará este curso escolar 2023-24 nunha xornada lúdica visitando os diferentes arquipélagos que forman o Parque Nacional das Illas Atlánticas. Desde a nosa participación no Plan Proxecta, dentro da modalidade Naturézate, propuxemos esta posibilidade o pasado curso e tras o éxito acadado, repetiremos experiencia este novo mes de xuño, así o próximo dia 21, o alumnado de 1º de ESO realizará unha xornada completa nas Illas Cíes, o de 2º de ESO viaxará a Illa de Ons e os alumnos/as de 3º ESO visitarán a Illa de Sálvora. Para rematar a xornada, o alumnado de 4º de ESO realizará unha xornada lúdico-deportiva no Espazo Natural Protexido Ons-O Grove.

Consideramos que este tipo de actividade ten unha dobre finalidade, por unha banda a lúdica pero ademais búscase a promoción e divulgación entre o alumnado do centro das vantaxes dos espazos naturais protexidos como parte esencial para gozar dunha vida sa nun entorno natural.

A maioría do profesorado acompañante nesta visita ás Illas Atlánticas está igualmente implicado no proxecto Naturézate 2023-24, razón pola cal se sumou.












Ningún comentario:

Publicar un comentario