Cando digo como son, refírome ó término a dureza da auga . A dureza da auga mide en mg/l de carbonato calcico (Ca CO3) así poderemos diferenciar as augas como blandas, lixeiramente duras, moderamente duras, e moi duras.
- Augas brandas→ concentracións de 50 mg/l.
- Augas lixeiramente duras→concentracións entre 50-100 mg/l.
- Augas moderamente duras→concentracións entre 100-200 mg/l.
- Augas moi duras→ concentracións de máis de 200 mg/l.
Para saber a dureza da auga do Umia imos a comparar a espuma que un vaso de precipitados con auga do río Umia cunha cantidade de deterxente de lavalouza coa espuma que produce un vaso de precipitados con auga destilada e a mesma cantidade de deterxente.
A
escuma que produce a auga destilada con deterxente é abundante. Esta
é a nosa referencia de auga branda.Auga destilada
Se o vaso de precipitados con augas do Umia e deterxente produce a mesma cantidade de escuma teremos a primeira evidencia de que a auga do río Umia é un auga branda.
A escuma que se forma é similar en ambos casos, polo que podemos deducir que a auga do río Umia é branda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario