xoves, 20 de xuño de 2024

PROXECTO NATURÉZATE 2023/24 (TECNOLOXÍA): MEDICIÓN DE PARÁMETROS NUN HOTEL DE INSECTOS


Trátase dun dispositivo cuxa finalidade é facer unha medición dos parámetros ambientais para un hotel de insectos. Consta dunha placa de control Arduino alimentada mediante unha batería de 12V, un sensor de temperatura e humidade, un módulo para conectar unha tarxeta micro-SD e un reloxo con pila propia que levará a conta do paso do tempo.

Este dispositivo mide, concretamente, a temperatura e humidade relativa, e irá rexistrándoas xunto coa data e hora da medición nun ficheiro CSV (que non é máis ca unha táboa de datos) almacenado nunha tarxeta micro-SD. Dispón dunha parella de díodos LED (vermello e verde) que dan información en tempo real sobre o estado e funcionamento.

Este proxecto foi levado a cabo por alumnos de 2º ESO, que se encargaron de montalo, e por alumnos de 4º ESO, que se encargaron de programalo.


Ningún comentario:

Publicar un comentario