venres, 31 de maio de 2024

PROXECTO NATURÉZATE 2023/24 (ECONOMÍA): SOCIOECONOMÍA E SECTOR MARISQUEIRO NO ESPAZO NATURAL

 


O departamento de Economía do IES Francisco Asorey, dentro da súa participación do Proxecto Naturézate dirixiu o estudo dos aspectos socioeconómicos das zonas marisqueiras do Espazo Natural cos alumnos de 4º ESO. Realizaron unha saída á “Praia do Serrido” e ó Punto de Control de pesado e venta do marisco recollido diariamente polas preto de 400 mariscadoras da asociación de Cambados.


A actividade foi guiada pola asociación de "Mulleres do Mar”, GUIMATUR. Así pois, a actividade comezou cunha visita ó barrio mariñeiro de San Tomé para comprender a relación entre urbanismo e tradición, visita que foi seguida por un itinerario guiado para coñecer os métodos de extracción de moluscos (ameixa, berberecho) e poliquetos, os utensilios utilizados e as principais especies explotadas e, xa no eido do propio sistema de extracción,  da necesidade de respectar as tallas mínimas legais para a preservación dos recursos.

Preto de 80 alumnos que, si ben manteñen nalgúns casos intensos vencellos co mar, maioritariamente comeza a observarse que, pese á proximidade do medio, existe gran descoñecemento no día a día no mundo do mar, inicio dunha separación sociolóxica polo descoñecemento por parte das xeracións máis xoves sobre este sector historicamente tan ligado ca sociedade do pobo.



Ningún comentario:

Publicar un comentario