Os Colexios de Primaria de San Tomé, Vilariño e Castrelo, adscritos ó IES Francisco Asorey veñen de sumarse ó Proxecto Naturézate que organiza este centro. Como en anos anteriores na visita que realiza o alumnado de 6º de Primaria ó noso centro para coñecelo xa que será o seu instituto o próximo curso, veñen de participar nunha das actividades que o Departamento de Bioloxía realiza dentro do programa (Naturézate) de estudio do noso espazo natural protexido, Ons-O Grove a partir das areas dunha praia.
Guiados polo alumnado de 4º ESO que actuaron como monitores, realizaron no laboratorio o estudo dunha praia do espazo natural a partir da súa area. A proposta consistía na identificación de compoñentes minerais e dos principais grupos zoolóxicos representados nas areas da citada praia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario