O alumnado de 1º da ESO de PROXECTO COMPETENCIAL traballou o seguinte:
1ª AVALIACIÓN
Realizaron unha maqueta da zona do Complexo natural Ons-Grove utilizando
material de refugallo. Nela sinalaron os ríos, praias, illas e demais
accidentes xeográficos destacables, así como as principais localidades.
2ª AVALIACIÓN
Investigarón sobre a flora e fauna Complexo natural Ons-Grove e
expuseron o aprendido en cartulinas que se colocaron pola zoas comúns do
centro. Ademais fixemos unha saída que consintíu en ir camiñando do
centro ata a desembocadura do Umia para observar aquilo sobre o que
estiveron traballando.
3ª AVALIACIÓN
Os contidos desenvoltos foron as actividades físicas e deportivas no
medio natural que se poden facer no Complexo natural Ons-Grove: surf,
sendeirismo, bicicleta, escalada...Igualmente realizaron murais que se
colgaron polos corredores e demias zoas comúns do instituto. Como
actividade complementearía fixemos unha xornada de surf na praia da
Lanzada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario