luns, 17 de xuño de 2024

PROXECTO RÍOS 2023/24 (LINGUA ESPAÑOLA): OS RÍOS COMO FONTE DE INSPIRACIÓN LITERARIA

Dende a materia de lingua castelá colaboramos con esta iniciativa facendo un pequeno percorrido pola presencia dos ríos nas distintas épocas da nosa literatura, dende a antigüidade ata textos contemporáneos. Participaron nesta actividade os 78 alumnos de 3ºESO A, B e C, coido que cun alto grado de satisfacción e aproveitamento como se pode ver na diversidade dos traballos realizados.



Comezamos sumerxíndonos nos versos de Jorge Manrique "Nuestras vidas son los ríos que van a dar a la mar, que es el morir", onde se mostra perfectamente tópico literario herdado dos clásicos A vida como navegación. Os símbolos adoitan a ser símbolos de vida, movemento, cambio, dinamismo e de cotío se lles atribúe un carácter melancólico e nostálxico. Representan o fluír do tempo e da existencia, así como a conexión coa terra e a natureza. Foron utilizados sempre como metáforas e escenarios ideais para explorar unha ampla gama temática, dende a identidade nacional, ata o amor e a morte. Percorrimos durante as sesións dedicadas a este proxecto o Río Duero de Gerardo Diego, o Ebro de A. Machado, o Guadalquivir de Alberti e o Tormes de Francisco de Aldana, demostrando como algunhas das plumas máis aplaudidas da nosa literatura atoparon nos ríos a súa fonte de inspiración.



Posteriormente falamos do río Umia e puxemos en común certos aspectos que foron adquiríndose durante a actividade, tamén aproveitamos para visualizar algúns vídeos de recitados, dende poemas máis tradicionais ata algún exemplo de caligramas ou de Slam Poetry para difuminar a idea clásica e estereotipada que adoita a ter o alumnado da poesía.


Exemplo dun caligrama presentado por 3º ESO B

Exemplo dun poema moderno, propio de Slam Poetry (3º ESO B)

Exemplo dun poema de corte popular


Ningún comentario:

Publicar un comentario