Outro ano máis o alumnado do noso centro participou dentro do Plan Proxecta no seu programa Naturézate. A actividade deste curso 2024/25, realizada polo alumnado de 1º, 2º e 3º ESO na semana do 11F para conmemorar o Día Internacional da Nena e a Muller na Ciencia, consistía nun escape room relacionado cun “Paseo das Estrelas de Científicas Galegas” que estaba nos corredores da planta baixa do centro.
mércores, 25 de xuño de 2025
PROXECTO NATURÉZATE 2024/25: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER NA CIENCIA
Outro ano máis o alumnado do noso centro participou dentro do Plan Proxecta no seu programa Naturézate. A actividade deste curso 2024/25, realizada polo alumnado de 1º, 2º e 3º ESO na semana do 11F para conmemorar o Día Internacional da Nena e a Muller na Ciencia, consistía nun escape room relacionado cun “Paseo das Estrelas de Científicas Galegas” que estaba nos corredores da planta baixa do centro.
martes, 24 de xuño de 2025
PROXECTO NATURÉZATE 2024/25 (DPTO. DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA): DENTRO DO BOSQUE ATLÁNTICO
Durante a participación do proxecto Naturézate, neste curso escolar, introducimos o estudio e divulgación do bosque Atlántico (Programa Bosque Atlántico) como un ecosistema imprescindible, biodiverso e en perigo de desaparición no territorio galego. Con esa finalidade realizáronse dúas actividades de centro:
A primeira consistiu nunha charla divulgativa que trataba de facilitar o recoñecemento das especies arbóreas máis significativas neste tipo de ecosistema e tamén sobre a importancia da presenza deste tipo de vexetación nos bosque galegos.
A segunda parte deste proceso divulgativo consistiu na realización dunha saída didáctica na que se visitou o bosque atlántico do Campus Lagoas-Marcosende, no Cuvi da Universidade de Vigo, dentro do programa Bosque Atlántico.
luns, 23 de xuño de 2025
PROXECTO NATURÉZATE 2024/25 (DPTO. BIOLOXÍA E XEOLOXÍA): ITINERARIO XEOMORFOLÓXICO NO COMPLEXO METAMÓRFICO DE A LANZADA
O Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, dentro das actividades contempladas no proxecto Naturézate para o curso 2024-25, desenvolveu con alumnado de secundaria e bacharelato un itinerario para dar a coñecer a base xeolóxica e as características xeomorfolóxicas polo Complexo de rochas metamórficas da costa da Lanzada, por formar parte do espazo natural protexido Ons-O Grove. No itinerario o alumnado puido coñecer os diferentes tipos de rochas metamórfica e graníticas que forman o complexo metamórfico. Así como a orixe e as características desta singular formación e as pegadas da última glaciación en forma de praias, dunas e cantiles fósiles. Tratouse dunha experiencia práctica para tratar de aproximarse ó universo da xeoloxía estudiando a nosa contorna.
domingo, 22 de xuño de 2025
PROXECTO NATURÉZATE 2024/25 (DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA): SISTEMA DE MONITORIZACIÓN REMOTO
Este proxecto consiste nun sistema de monitorización remoto que permite tomar datos de zonas con diversos tipos de vexetación, co obxectivo de coñecer a evolución de varias magnitudes, como o son a temperatura, a humidade ou o PH do solo.
Este sistema consiste nun módulo central (Arduino MEGA) que recolle una vez por hora os datos provintes doutros módulos remotos (Arduino UNO) a través da rede GSM mediante SMS, para o cal se valerán dunha tarxeta SIM cada un. Estes datos iranse rexistrando polo módulo central nun ficheiro en formato CSV almacenado nunha tarxeta SIM, onde cada ringleira de datos estará constituída polo nº de identificación do módulo, seguido da temperatura en ºC, PH do solo e humidade relativa.
O módulo central inclúe unha pequena pantalla LCD de 2 filas e 16 columnas, a cal permite ir vendo os datos que se van engadindo, ademáis dun botón de encendido, outro de apagado e outro para resetear.
Este proxecto foi levado a cabo por alumnos de secundaria do IES F. Asorey de diversos cursos coa axuda do profesor.
PROXECTO NATURÉZATE 2024/25 (DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS): APLICACIÓNS DAS FUNCIÓN LINEAIS E CADRÁTICAS NA ANÁLISE DA PAISAXE
PROXECTO NATURÉZATE 2024/25 (PROXECTO COMPETENCIAL 1º ESO): COMPLEXO NATURAL ONS - O GROVE
Dende a materia de proxecto competencial de 1º da ESO (carga lectiva de 1 hora á semana) traballamos os contidos deste curso tendo como fío condutor o Complexo natural Ons - Grove.
1ª avaliaciónPor parellas escolleron unha materia do currículo e relacionárona co Complexo natural Ons - Grove. Exemplos disto son:
- Matemáticas: lonxitude de praias, altura de elevacións terrestres, densidade de poboación...
- Xeografía: elementos da paisaxe como praias, ríos, ensenadas, ...
- Bioloxía: diferentes reinos dentro do complexo
- Educación Física
Profundizamos na relación das materias de Bioloxía e Xeografía
- Bioloxía: investigaron a biodiversidade de fauna e flora, tanto terreste como acuática do complexo natural Ons - Grove
- Xeografía: descubirir que praias, ríos, illas e demais elementos da paisaxe natural hai no complexo.
3ª avaiación
Profundizamos na relación das materias de Educación física e Educación Plástica e Visual
- Educación física: actividades físicas no medio natural que se poidan facer no complexo como por exemplo: sendeirismo, kayak, surf, escalada, BTT, ...
- Educación Plástica e Visual: mediate a realización dunha maqueta da zona.
Como actividades complementearias fixemos 2 saídas no mes de maio: paseo pola desenvocadura do Umia e surf na Lanzada.
PROXECTO NATURÉZATE 2024/25 (DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA): IMPACTOS AMBIENTAIS DAS ACTIVIDADES ECONÓMICAS EN GALICIA
A actividade, deseñada segundo os principios do Plan Proxecta “Naturézate” na súa modalidade Bioveo, tivo como finalidade fomentar a educación ambiental a través da observación, análise e reflexión sobre casos reais de afectación ao medio natural derivados de proxectos industriais, mineiros e agrogandeiros. Cada grupo de 3-4 alumnos investigou unha problemática concreta entre as seguintes:
- Mina de Touro
- Fábrica de ENCE na ría de Pontevedra.
- Mina de San Finx.
- Os parques eólicos e a súa afectación no medio.
- Contaminación por nitratos das macrogranxas na Baixa Limia.
- Proxecto da celulosa Altri no río Ulla.
A metodoloxía empregada baseouse na investigación guiada, a elaboración colaborativa dunha presentación dixital e a exposición oral dos resultados, incluíndo unha postura argumentada a favor ou en contra do proxecto estudado. Esta última parte permitiu o desenvolvemento do pensamento crítico e da capacidade argumentativa do alumnado.
Esta actividade contribúe directamente aos obxectivos do Plan Proxecta Bioveo,
ao promover a análise do impacto humano no medio e á concienciación sobre a
importancia da conservación dos recursos naturais de Galicia. Así mesmo,
fomentou o compromiso activo do alumnado coa sustentabilidade e impulsou a
adquisición de competencias clave como a competencia en conciencia e expresións
culturais, a competencia social e cívica, e a competencia en aprender a
aprender.
En resumo, esta proposta didáctica encaixa plenamente cos fins do Plan
Proxecta “Naturézate”, fomentando a reflexión crítica sobre o territorio, a
biodiversidade e os conflitos derivados do uso dos recursos naturais,
contribuíndo á formación dunha cidadanía ambientalmente consciente e
responsable.
-
Por segundo ano consecutivo o alumnado de secundaria do IES Francisco Asorey rematará este curso escolar 2023-24 nunha xornada lúdica vis...
-
No departamento de Música, dentro do marco do Plan Proxecta e centrando este traballo no entorno do Río Pequeno, o eixo de traballo foi a co...
-
No terceiro trimestre propuxemos nas aulas de Lingua Galega, como parte avaliable e puntuable, a elaboración de creacións propias partindo d...