Os humidais son uns dos ecosistemas máis peculiares do noso planeta, acaso polo seu carácter de transición entre medio aéreo, terrestre e acuático, o que lle confire unha gran biodiversidade nun mínimo espazo.
Gran parte do litoral de Cambados e dos concellos limítrofes ou próximos rodean unha destas áreas, o Complexo intermareal do Umia - O Grove, que reúne unha serie de características que o converten nun espazo natural de gran importancia, feito que, desgraciadamente, descoñece gran parte da poboación que reside na súa contorna.Por iso é importante a contribución de programas como o Proxecto NATÚREZATE na toma de conciencia e a posta en valor destas áreas, xunto con outras que albergan outros ecosistemas fundamentais na conservación da biodiversidade a nivel mundial.
Con este obxectivo, o 17 de abril veu ao noso centro un divulgador e educador ambiental con longa experiencia neste campo, o cambadés Manuel Núñeza a través dunha charla a alumado da ESO, na que, alén dos humidais, incidiu na importancia da conservación da biodiversidade incluso dende un punto de vista egoísta da humanidade, xa que está é a que nos proporciona alimento, cura de enfermidades o nos proporciona unhas condicións de habitabilidade para a nosa especie. Deste xeito describiu a lexislación a diferentes niveis (local, autonómico, estatal e internacional) que rexen sobre estas áreas protexidas, con especial énfase nos humidais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario