venres, 31 de maio de 2024

PROXECTO NATURÉZATE 2023/24 (ECONOMÍA): SOCIOECONOMÍA E SECTOR MARISQUEIRO NO ESPAZO NATURAL

 


O departamento de Economía do IES Francisco Asorey, dentro da súa participación do Proxecto Naturézate dirixiu o estudo dos aspectos socioeconómicos das zonas marisqueiras do Espazo Natural cos alumnos de 4º ESO. Realizaron unha saída á “Praia do Serrido” e ó Punto de Control de pesado e venta do marisco recollido diariamente polas preto de 400 mariscadoras da asociación de Cambados.


A actividade foi guiada pola asociación de "Mulleres do Mar”, GUIMATUR. Así pois, a actividade comezou cunha visita ó barrio mariñeiro de San Tomé para comprender a relación entre urbanismo e tradición, visita que foi seguida por un itinerario guiado para coñecer os métodos de extracción de moluscos (ameixa, berberecho) e poliquetos, os utensilios utilizados e as principais especies explotadas e, xa no eido do propio sistema de extracción,  da necesidade de respectar as tallas mínimas legais para a preservación dos recursos.

Preto de 80 alumnos que, si ben manteñen nalgúns casos intensos vencellos co mar, maioritariamente comeza a observarse que, pese á proximidade do medio, existe gran descoñecemento no día a día no mundo do mar, inicio dunha separación sociolóxica polo descoñecemento por parte das xeracións máis xoves sobre este sector historicamente tan ligado ca sociedade do pobo.



venres, 24 de maio de 2024

PROXECTO NATURÉZATE 2023/24 (MATEMÁTICAS): APLICACIÓNS DO TEOREMA DE PITÁGORAS EN CAMBADOS



O famoso matemático grego Pitágoras, que viviu antes de Cristo, contribuíu de forma notable ao avance da xeometría, ofrecéndonos o seu famoso TEOREMA DE PITÁGORAS con multitude de aplicacións. Cos/as nosos/as alumnos/as podemos poñelo en práctica na nosa vida cotiá e concretamente nesta actividade que desenrolamos con eles nos arredores de Cambados. 

Co alumnado de 2º da ESO percorremos Cambados apreciando a paisaxe e desfrutando da natureza desta fermosa zona. 

Conforme avanzamos no camiño xúrdenos diferentes preguntas e dúbidas que gracias ás matemáticas, e concretamente ao TEOREMA DE PITÁGORAS, poderemos solucionar.



venres, 17 de maio de 2024

PROXECTO RÍOS 2023/24: OS RÍOS GALEGOS DESDE A LINGUA GALEGA


Galicia é a terra dos mil ríos, equilibrio e sustento do noso caudal,da nosa identidade.

Nós quixemos facer unha aportación a este patrimonio natural empregando outro valor que nos identifica como cultura, como pobo: a nosa lingua, a lingua galega. Inventamos xogos, percorremos cauces, descubrimos lendas... para facer visible o noso amor pola natureza e lembrar a necesidade de preservala.

Os nosos mil ríos deben seguir o seu curso para que continuemos existindo nós e as xeracións vindeiras, para que poidamos expresarnos e amosarnos tal como somos, coa nosa cultura, coa nosa lingua, coa nosa identidade.